Tamén levamos unha ficha coa reseña do libro:
Matilda
Título: Matilda
Autor: Roald Dahl
Ilustrador: Quentin Blake
Editorial: Alfaguara
Introducción
Que
pode sucederlle a unha nena de brillantísima intelixencia cuns pais vagos e desagradables
tan preocupados polas súas vidas mesquiñas que ignoran que a súa filla é un xenio?
Este
libro ofrécenos a resposta a tan longa pregunta. Un argumento moi ben
estruturado, uns personaxes inesquecibles e unhas situacións imaxinativas
conforman esta divertida novela que impresiona a cantos a len, pola súa forma e
polo seu contido.
Argumento
Matilda
é unha nena con moito talento, amante dos libros e o estudo. Os seus pais, os
señores Wormwood, non valoran a súa filla e constantemente trátana de ignorante
e estúpida. Matilda, farta de insultos, decide vingarse deles facéndolle
trasnadas moi divertidas.
Na
escola, atopa a unha directora horrible, a señora Trunchbull e tamén a unha
profesora deliciosa, a señorita Honey, coa que conxenia enseguida. Matilda
confésalle que ten máxicos poderes para mover obxectos do seu sitio. Moi pronto
deberá demostralo para liberar á señorita Honey da tiranía da directora.
Interese formativo e
temático
Unha
situación familiar difícil non consigue amargar nin amedrentar á nova
protagonista da novela; a pesar da presión dos seus pais, un vendedor corrupto
e unha bingueira, a nena fai fronte aos seus problemas e logra solucionalos con
enxeño e con moito sentido do humor.
Despois
de ler esta novela, todos, grandes e pequenos, pensamos que sería estupendo parecernos
a Matilda o polo menos ser os seus amigos.
E se queredes coñecer o que falan de Matilda noutros blogs:
No hay comentarios:
Publicar un comentario