El camino para la casa del tío Montague pasaba por un pequeño bosque. La senda ondulaba entre los árboles como una serpiente escondiéndose en un matorral, y aunque el camino no fuese largo y el bosque no fuese grande, esa parte de la caminata parecía siempre demorarse más de lo que yo esperaba.
Cuentos de terror de los objetos malditos
Autor: Chris Priestley
Ilustrador: David Roberts
Editorial: SM
A Edgar encántalle ir de visita a casa do seu tío Montague. O camiño ata a súa casa pasa por un páramo fantasmagórico e lúgubre, onde parece haber presencias. Pero a viaxe merece a pena, tío Montague sempre ten unha historia que contar: Unha peza de madeira, unha boneca de porcelana, un anteollos, un marco dourado... a simple vista, trátase de obxectos normais. Pero Tío Montague é o único que coñece a historia e a maldición que pesa sobre cada un deles. Cómo conseguiu Tío Montague estes obxectos? Ao mellor a resposta é o máis escalofriante dos seus relatos.
Hoxe tivemos a nosa primeira sesión do Club de Lectura deste curso. Estamos lendo un libro chamado Cuentos de terror de los objetos malditos, de Chris Priestly.
É un libro de medo, pero seguro que imos disfrutalo moito.
Somos o primeiro grupo que va ler o libro, e a maioría de nós xa repetimos no Club de lectura que iniciamos o curso pasado.
Neste primeiro grupo estamos Lucía C., Anxo, Tamara, Erika, Raúl e Lara de 6ºA, e Valeria, David, Isaac, Paola e Roque de 6ºB.
Estamos dispostos a pasalo moi ben lendo este libro e ... por que non? a pasar un pouco de medo.
O pasado mércores reunímonos por última vez para despedirnos no Club de Lectura.
Pensamos que a experiencia foi moi boa, o libro e a peli gustounos moito, e esperamos poder repetir o próximo curso con outro libro igual de interesante.
Mañá, para rematar as actividades do Club de lectura, imos ver a película que está baseada no libro de Roald Dahl.
Aquí tedes a ficha da película e un trailer para que vaiades facendo boca.
Ficha técnica e artística
Título Orixinal: Matilda
Nacionalidade: EE.UU., 1996
Duración: 93minutos
Xénero: Relato infantil
Dirección: Danny de Vito
Guión: Nicholas Kazan e Robin Swicord (baseado no libro de Roald Dahl )
Música: David Newman
Fotografía: Stefan Czapsky
Produción: Jersey Films
Intérpretes: Mara Wilson ( Matilda ) , Danny de Vito ( Sr. Wormwood ) , RheaPerlman (
Sra. Wormwood ) , Embeth Davitz ( Srta. Honey ) , Pam Ferris ( Srta.Trunchbull
) , Paul Reubens ( Michael)
Sinopse
Matilda é unha nena moi intelixente, con enormes ganas de aprender e a que
lle encantan os libros desde moi pequena. Vive nun entorno vulgar cuns pais que
se pasan o día diante do televisor sen darse conta das capacidades da súa filla
e sen apoiala nos seus desexos de aprender.
Un día a envían a un colexio, cunha directora que ten atemorizados aos alumnos coa súa
actitude terrible e autoritaria. Pero Matilda ten a sorte de ter como mestra á
encantadora señorita Honey, que sabe valorar e apreciar os dons da nena. Xuntas
intentarán cambiar a situación e mellorar a vida de todos os estudantes do
colexio.
Título: Charlie e a fábrica de chocolate. Autor: Roald Dahl Ilustrador: Quentin Blake Editorial: Xerais Colección: Merlín
O señor Willy Wonka, o xenio da
fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das
súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa
fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar:
xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles
que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos
enormes… Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces
afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha
visita que mudará a súa vida para sempre.
“Charlie e a fábrica de chocolate” é
a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do
século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para
caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís
singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da
literatura infantil de todos os tempos.
Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación
cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005.
presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con
maior frecuencia con Dahl.
Neste mes de xaneiro comezou o segundo grupo do Club de Lectura.
Un novo grupo de rapazas e rapaces de 5º curso, con moitas ganas de ler o libro, e que parece que lles está gusstando moito.
Son Anxo, Iria, Tamara, Lucía, Ángela e María de 5ºA e David, Brais, Miguel, Ainoa e Andrea de 5ºB.