Mañá, para rematar as actividades do Club de lectura, imos ver a película que está baseada no libro de Roald Dahl.
Aquí tedes a ficha da película e un trailer para que vaiades facendo boca.
Ficha técnica e artística
Título Orixinal: Matilda
Nacionalidade: EE.UU., 1996
Duración: 93minutos
Xénero: Relato infantil
Dirección: Danny de Vito
Guión: Nicholas Kazan e Robin Swicord (baseado no libro de Roald Dahl )
Música: David Newman
Fotografía: Stefan Czapsky
Produción: Jersey Films
Intérpretes: Mara Wilson ( Matilda ) , Danny de Vito ( Sr. Wormwood ) , RheaPerlman (
Sra. Wormwood ) , Embeth Davitz ( Srta. Honey ) , Pam Ferris ( Srta.Trunchbull
) , Paul Reubens ( Michael)
Sinopse
Matilda é unha nena moi intelixente, con enormes ganas de aprender e a que
lle encantan os libros desde moi pequena. Vive nun entorno vulgar cuns pais que
se pasan o día diante do televisor sen darse conta das capacidades da súa filla
e sen apoiala nos seus desexos de aprender.
Un día a envían a un colexio, cunha directora que ten atemorizados aos alumnos coa súa
actitude terrible e autoritaria. Pero Matilda ten a sorte de ter como mestra á
encantadora señorita Honey, que sabe valorar e apreciar os dons da nena. Xuntas
intentarán cambiar a situación e mellorar a vida de todos os estudantes do
colexio.
Neste mes de xaneiro comezou o segundo grupo do Club de Lectura.
Un novo grupo de rapazas e rapaces de 5º curso, con moitas ganas de ler o libro, e que parece que lles está gusstando moito.
Son Anxo, Iria, Tamara, Lucía, Ángela e María de 5ºA e David, Brais, Miguel, Ainoa e Andrea de 5ºB.
Este curso temos unha nova actividade na Biblioteca Escolar, iniciamos un Club de Lectura dirixido aos alumnos de 5º curso.
O pasado mércores tivemos a primeira sesión, na que participaron 11 alumnos de 5ºA e 5ºB.
Lucía C., Érika, Lara, Saray, Pablo e Raúl R. de 5ºA
Roque, Isaac, Valeria, Ángela e Paola de 5ºB
O libro que imos ler é Matilda, de Roald Dahl