martes, 23 de abril de 2013

Matilda: a película

Mañá, para rematar as actividades do Club de lectura, imos ver a película que está baseada no libro de Roald Dahl.
Aquí tedes a ficha da película e un trailer para que vaiades facendo boca.



Ficha técnica e artística

Título Orixinal: Matilda
Nacionalidade: EE.UU., 1996
Duración: 93 minutos
Xénero: Relato infantil
Dirección: Danny de Vito
Guión: Nicholas Kazan e Robin Swicord (baseado no libro de Roald Dahl )
Música: David Newman
Fotografía: Stefan Czapsky
Produción: Jersey Films

Intérpretes: Mara Wilson ( Matilda ) , Danny de Vito ( Sr. Wormwood ) , RheaPerlman ( Sra. Wormwood ) , Embeth Davitz ( Srta. Honey ) , Pam Ferris ( Srta.Trunchbull ) , Paul Reubens ( Michael)

Sinopse
Matilda é unha nena moi intelixente, con enormes ganas de aprender e a que lle encantan os libros desde moi pequena. Vive nun entorno vulgar cuns pais que se pasan o día diante do televisor sen darse conta das capacidades da súa filla e sen apoiala nos seus desexos de aprender.
Un día a envían a un colexio, cunha  directora  que ten atemorizados aos alumnos coa súa actitude terrible e autoritaria. Pero Matilda ten a sorte de ter como mestra á encantadora señorita Honey, que sabe valorar e apreciar os dons da nena. Xuntas intentarán cambiar a situación e mellorar a vida de todos os estudantes do colexio.

martes, 5 de marzo de 2013

Os libros de Roald Dahl: Charlie e a fábrica de chocolate

Título: Charlie e a fábrica de chocolate.
Autor: Roald Dahl
Ilustrador: Quentin Blake
Editorial: Xerais
Colección: Merlín





O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes… Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre. 
“Charlie e a fábrica de chocolate” é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. 
Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005. 
 presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl. 



martes, 29 de enero de 2013

Lendo Matilda: grupo 2

Neste mes de xaneiro comezou o segundo grupo do Club de Lectura.
Un novo grupo de rapazas e rapaces de 5º curso, con moitas ganas de ler o libro, e que parece que lles está gusstando moito.
Son Anxo, Iria, Tamara, Lucía, Ángela e María de 5ºA e David, Brais, Miguel, Ainoa e Andrea de 5ºB.

Seguro que imos pasalo moi ben!

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Os libros de Roald Dahl: Danny, campión do mundo

Na última sesión do Club de Lectura Isaac recomendounos outro libro de Roald Dahl que el está lendo e gústalle moito. Trátase de Danny, o campión do mundo, que está editado por Xerais na colección Merlín.

Resumo do libro:

Danny perde moi noviño á súa nai e dende aquela, a súa única compaña será a do seu pai, un home moi especial e cariñoso que organiza toda a súa vida arredor do coidado do seu único fillo.
Viven nun vello carromato de xitanos, detrás dunha gasolineira na que ademais realizan algunhas reparacións. Dende sempre, Danny enreda coas pezas dos automóbiles e móvese entre os motores, rodas e cegoñais coma se fosen os xoguetes máis adecuados para un rapaz da súa idade.
Pero o pai de Danny ten un segredo: adora a caza furtiva de faisáns, entrar nos terreos
vedados polos amos e señores da terra e as aves para conseguir burlalos e saír con algún
deses prezados trofeos nas mans. Trátase dunha afección dura e perigosa que vai pasando de pais a fillos. Con tan só dez anos, Danny terá que compartir os riscos e a aventura. Pero ademais, o rapaz atopará unha maneira nova e especial de cazar que lle valerá o título de campión do mundo enteiro.



El jardín secreto


Este libro me pareció triste, pero el final me gustó mucho. Me fue complicado de leer, ya que tuve que tener el diccionario a mano.
El libro trataba de una niña a la que le habían muerto sus padres, y fue a vivir con su tío. Allí había una voz que siempre gritaba y ella quiso saber que era, y resultó ser su primo con una grave enfermedad. 
Luego, de moverse tanto por la casa encontró un jardín seco que estaba olvidado. Ella se dio cuenta que era el jardín se su tía que había fallecido y su tío no quería recordarla.
Al final el primo se recuperó a medias y todo fue más feliz.
Paola García Bernárdez



miércoles, 7 de noviembre de 2012

Os libros de Roald Dahl: As bruxas

Xa que estamos lendo Matilda, imos repasar a bibliografía do seu autor: Roald Dahl, e a recomendar a lectura doutros libros seus.
Seguro que todos coñecedes o "As bruxas". Podedes atopalo na Biblioteca Escolar, tanto en galego como en castelán. Unha lectura recomendable, agora que acabamos de pasar Halloween.




Resumo do libro:

As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel… Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar… E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.
As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan tregua ao lector ata o seu remate.




No ano 1990 fíxose unha adaptación ao cine, coa película "A maldición das bruxas".



O curso pasado, os alumnos que agora están en 5ºB fixeron un traballo para recoller as súas opinións sobre o libro (ollo, contén "spoilers").



jueves, 25 de octubre de 2012

Os libros de Matilda: O xardín secreto


O Xardín Secreto é un clásico da literatura infantil en lingua inglesa, escrito por Frances Hodgson Burnett en 1910.
Tamén é un dos libros que Matilda le na Biblioteca. Valeria trouxo ao noso Club de Lectura información sobre este libro.

A protagonista desta historia é Mary Lennox, unha nena orfa que, despois de perder aos seus pais por unha epidemia de cólera na India, viaxa a Inglaterra para vivir ao coidado do seu tío, un home viúvo que reside nunha inmensa mansión de Yorkshire xunto a Colin, o seu malcriado fillo discapacitado. Alí, Mary descobre un inmenso e pechado xardín que estivo abandoado durante anos, e decide transformalo nun refuxio para ela e os seus tres novos amigos.
Detrás deste relato de personaxes inocentes e soñadores agóchase unha mensaxe máis profunda que ten relación co coidado e o desenvolvemento do noso interior e co estado do noso planeta. A través das vivencias da protagonista, a autora non só pretende entreter aos lectores, senón que intenta ensinar o valor da Terra e a importancia de ser cada día máis humanos.

En 1993 fíxose unha adaptación ao cine:




Os alumnos de 1º da ESO dun instituto de Cataluña, fixeron un interesante traballo sobre este libro:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...